Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1439

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública (expediente 389/13).

Air Liquide Medicinal, S.L.U. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de almacenamento de botellas de O2 e produtos sanitarios na rúa dos Carpinteiros, parcela 6, subparcela C1.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 25 de novembro de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente