Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1440

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de aprobación de varias prazas da oferta de emprego público para o ano 2013.

Por Resolución da Alcaldía Presidencia, do 12 de decembro de 2013, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se indican para o ano 2013, de conformidade co establecido no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, polo que se aproba o Estatuto básico do empregado público, 233 da Lei 5/1997, do 20 de xullo, de Administración local de Galicia, e o artigo 23 da Lei 17/2012, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2013.

Funcionarios de carreira:

– Denominación da praza: oficial policía local.

Escala: Administración especial.

Grupo: C1.

Nivel e número de prazas: nivel 18, unha praza.

– Denominación da praza: policía local.

Escala: Administración especial.

Grupo: C1.

Nivel e número de prazas: nivel 18, dúas prazas.

Nigrán, 13 de decembro de 2013

Alberto Valverde Pérez
Alcalde