Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre patrimonialización de nave industrial con uso de chapistaría (expediente de licenzas de apertura 2013002191).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Chapistería Blanco, S.L. solicita a patrimonialización de nave industrial con uso de chapistaría na rúa Ponte Sevilla, nº 13, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de novembro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde