Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1447

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación definitiva do expediente expropiatorio por taxación conxunta da actuación illada número 1 subestación de Balaídos do PXOM (expediente 232/413).

A Xunta de Goberno local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 15 de novembro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Estimar as alegacións presentadas por Regina Hermida Alonso, que afirma actuar en representación de Regina Alonso Campos, con entrada no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo (XMU) o día 23.1.2013 (doc. 130008411), por José Ángel, Francisco, Indalecio e Concepción Alonso Amoedo, con entrada no Rexistro Xeral da XMU o día 14.2.2013 (doc. 130018918) e por Mª Dolores Fernández Rodríguez, con entrada no Rexistro Xeral da XMU o día 19.2.2013 (doc. 130020612), no senso exposto no informe do día 24.10.2013 da xefa de Planeamento e Xestión.

Segundo. Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Carlos Fernández Docampo, con entrada no Rexistro Xeral da XMU o día 19.2.2013 (doc. 130020611) e por Ángeles Conde Trillo, con entrada no Rexistro Xeral da XMU o día 6.3.2013 (doc. 130027117), no senso exposto no informe do día 24.10.2013 da xefa de Planeamento e Xestión.

Terceiro. Desestimar as alegacións presentadas Purificación Bacelar González, con entrada no Rexistro Xeral da XMU o día 7.3.2013 (doc. 130027468) e Pedro Álvarez González, con entrada no Rexistro Xeral da XMU o día 8.3.2013 (doc. 130028109) e 13.3.2013 (doc. 130029584), de acordo co informe proposta supra transcrito.

Cuarto. Aprobar definitivamente o proxecto expropiatorio tramitado polo procedemento de taxación conxunta da actuación illada número 1 subestación de Balaídos do PXOM de Vigo, de conformidade co documento elaborado da Oficina de Planeamento-Xestión datado en outubro de 2013. Esta aprobación definitiva implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, para os efectos previstos no artigo 144 da Louga. En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da LEF.

Quinto. Notificar o presente acordo á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da LEF, en relación cos propietarios descoñecidos e individualizadamente ás persoas interesadas titulares de bens e dereitos que figuran no expediente. Aos expropiados que non acadaran un mutuo acordo coa beneficiaria, concédeselles un prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da súa notificación, durante o que poderán manifestar por escrito perante o órgano expropiante a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente definitivamente aprobado. En tal caso, darase traslado do expediente e da folla de prezo xusto impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia, para os efectos da fixación do prezo xusto que, en todo caso, se fará de acordo cos criterios de valoración establecidos na lexislación vixente. De non formular oposición á valoración no prazo de vinte días, entenderase aceptada a valoración fixada no acto aprobatorio do expediente, e determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade.

Sexto. Notificar o presente acordo a Unión Fenosa Distribución, S.A., na súa calidade de beneficiaria, instándolle a que achegue un exemplar dos mutuos acordos acadados coas persoas expropiadas e lembrarlle que, de acordo coas estipulacións contidas no convenio urbanístico orixe do presente expediente expropiatorio, no caso de que o custo da expropiación resulte inferior ao que figura na estipulación primeira do referido convenio urbanístico, a beneficiaria deberá aboar a diferenza ao Concello de Vigo, cantidade que destinará aos fins do patrimonio municipal de solo. Notificaráselle, así mesmo, á mercantil General de Edificios y Solares, S.L. que figura como asinante do referido convenio urbanístico.

Sétimo. Publicar o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, xunto coa relación definitivamente aprobada de titulares e parcelas afectadas, no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de edictos do Concello de Vigo e na páxina web municipal. Contra este acordo cabe interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que o ditou no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte os artigos 8.1 e 46.1 da LXCA, sen prexuízo do exercicio das accións legais que estimen pertinentes».

Vigo, 26 de novembro de 2013

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo

ANEXO

Relación de titulares, parcelas e superficies

Parcela nº

Ref. catastral

Titulares de bens e dereitos

Superficie de solo
que se expropiará

1

5457A0910001

54057A0910002

Consorcio da Zona Franca de Vigo

2.663 m²

2

54057A09100003

Mª Dolores Fernández Alonso

545 m²

3

54057A09100008

54057A09100010

Enrique Conde Estévez

Ángeles Conde Trillo (ocupante legal)

398 m² con vivenda, churrasqueira, almacén, 3 árbores, peche de bloque e porta metálica

4-a

54057A09100004

54057A09100005

54057A09100007

Carlos Fernández Docampo, Mª Dolores e José Carlos Fernández Rodríguez

910 m² con vivenda, forno, estanque, pozo, peche e portalón

4-b

54057A09100006

54057A09100013

54057A09100014

Carlos Fernández Docampo e Mª Luz Nieto Abreu

910 m²

5

54057A0910011

Antolina Abreu Fernández

352 m²

6

7

54057A09100012

Pedro Álvarez González e Mª Dolores Martínez Docampo

Purificación Bacelar González (arrendataria)

689 m² con edificación dedicada a taller, anexos e vivenda, pés de viña, árbore, almacéns, peches e portas

8

54057A09100017

Pedro Álvarez González e Mª Dolores Martínez Docampo

441 m²

9

54057A09100019

Julio, José e Carmen Martínez Bastos

725 m²

10

54057A091000312

Mª Carmen Antonio Borines, Aitor e Enrique García Antonio

Juan Miguel García Álamo (usufrutuario)

482 m² con edificación, peche, construcións auxiliares, pozo, árbores e portalóns

11

54057A091000020

54057A091000304

María Covelo Rodríguez

850,50 m² con edificación, peche, construcións auxiliares, pozo, árbores e portalóns

12

54057A09100305

parcial

José Luis Pereira Crispín e Mª José Mato Sarmiento

369,50 m²

13

54057A09100305 parcial

Hrdos. José Alonso Alonso: Indalecio, José Ángel e Francisco e Mª Concepción Alonso Amoedo

684,50 m²

14-a

54057A09100305 parcial

Purificación Vila Comesaña

296 m²

14-b

54047A09100305

parcial

Regina Alonso Campos

405 m²

14-c

54047A09100305 parcial

Descoñecido

522 m²