Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1450

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Confecciones Armonía, Sociedade Cooperativa Galega en liquidación

ANUNCIO de aprobación do balance final de liquidación e proxecto de distribución do activo.

En cumprimento do establecido no artigo 94.2 da Lei 14/2011, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral extraordinaria, celebrada o 10 de decembro de 2013, esta sociedade acordou por unanimidade a liquidación de Confecciones Armonía, S. Coop. Galega, en liquidación, co seguinte balance final de liquidación e o proxecto de distribución do activo:

Total activo: 0,00 €.

Capital cooperativo: 9.564,06 €.

Resultados negativos exercicios anteriores: -585.684,43 €.

Conta corrente con socios: 538.982,93 €.

Total pasivo: 0,00 €.

Proxecto de distribución do activo: posto que esta sociedade carece de activo ningún para repartir, e que os únicos acredores son as socias, renuncian estas, por tanto, a calquera cobramento.

Carnota, 10 de decembro de 2013

María Soledad Ferreño Suárez
María Manuela Quintela Formoso
María Joaquina Lestón López
María del Carmen Martínez González
María Josefa Otero Malvárez
Liquidadoras