Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1451

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federacion Galega de Bolos

ANUNCIO de modificación dos estatutos.

Aprobada a modificación de estatutos na asemblea xeral da Federación Galega de Bolos que tivo lugar o 24 de abril de 2013, ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte mediante a Resolución do 9 de outubro de 2013, de conformidade co artigo 54.7º da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación dos estatutos. Depositarase copia íntegra deles no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia da Secretaría Xeral para o Deporte.

Vigo, 11 de decembro de 2013

Eugenio Castro Docampo
Presidente da Federación Galega de Bolos