Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1260

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de adhesión da empresa Sarval Bio-Industries Noroeste, S.A.U. ao convenio colectivo estatal do sector de industrias cárnicas.

Visto o texto do acordo de adhesión da empresa Sarval Bio-Industries Noroeste, S.A.U. ao convenio colectivo estatal do sector de industrias cárnicas, que se subscribiu o 4 de novembro de 2013 entre a representación empresarial e a representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Acta de acordo de peche da negociación

Parte empresarial:

Francisco J. Fernández Soto.

Enric García Dalmau.

Mª Isabel de la Barreda Morera.

Parte social:

Francisco J. Vilela García.

José Antonio Zamarra Juncal.

José Ángel Vázquez Fernández.

José Vicente Pérez Monelos.

Jesús María Pazos Pérez.

Ás 14.00 horas do 4 de novembro de 2013, reúnense as persoas arriba sinaladas con motivo da negociación do convenio colectivo da empresa Sarval Bio-Industries Noroeste, S.A.U., con CIF A-15007313, en diante Sarval. Ambas as partes, na representación que desempeñan,

ACORDAN:

1º. Que as condicións laborais de todos os traballadores da empresa queden reguladas polo convenio colectivo estatal do sector de industrias cárnicas a partir do 1 de xaneiro de 2013, data en que deixou de ter vixencia o convenio colectivo propio da empresa, sen ter prexuízo económico retroactivo para os traballadores antes da data da sinatura do presente acordo, a excepción da antigüidade, que será regularizade coas novas condicións do punto 3º con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro de 2013.

As condicións laborais dos empregados con data de incorporación posterior ao 1 de xaneiro de 2013 regularanse única e exclusivamente polo convenio colectivo estatal do sector de industrias cárnicas.

2º. Que os traballadores de Sarval conservarán as contías anuais que viñan percibindo ata agora polos conceptos fixos salario base, pagas extraordinarias, complemento de convenio e complemento persoal (este último concepto, quen o perciba). En caso de existir exceso entre o total das devanditas contías e o salario base das táboas do convenio de industrias cárnicas, incluirase no concepto complemento persoal, de tal forma que o salario bruto anual anterior composto polo salario base + pagas extraordinarias + complemento de convenio + complemento persoal (este último concepto, quen o perciba) sexa igual ao novo bruto anual correspondente ao salario base + pagas extraordinarias + complemento persoal (este último concepto, quen o perciba). Tanto o salario base coma o complemento persoal terán o carácter de non absorbible e iranse actualizando segundo os incrementos regulados no convenio de industrias cárnicas.

3º. O concepto de antigüidade elimínase para as incorporacións a partir do 1.1.2013 en diante, ao non existir este concepto no convenio de industrias cárnicas.

De xeito excepcional, a empresa seguirá aboando a todos os traballadores pertencentes ao cadro de persoal da empresa en 31.12.2012 e que viñan percibindo antigüidade as actualizacións correspondentes no tempo. Estas actualizacións serán do 50 % do valor que se tiña fixado no pasado convenio. Polo tanto, as porcentaxes anteriores fíxanse da seguinte forma: 2 bienios ao 2,5 % e 4 quinquenios ao 5 %, calculados sobre o salario base.

4º. Todos os traballadores que viñan percibindo complementos variables por hora efectivamente traballada, tales como o complemento de penosidade, complemento nocturno e complemento festivo, percibirán os complementos propios do convenio de industrias cárnicas, tales como complemento de penosidade, complemento de ruído, complemento nocturno, c. p. prima, prima produtividade. Manteranse as condicións ad personam pactadas nos anexos individuais asinados no convenio de empresa de 2008 para os complementos existentes no convenio de industrias cárnicas.