Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 18 de decembro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00384-O-2013 e OU-00556-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles as persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 18 de decembro de 2013

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00384-O-2013

1793-GXS

Garda Civil 3201 A47914C

Cadaya Orense, S.L.

B32252488

Estr. Salgueiros 9, Reboredo

32901 San Cibrao das Viñas, Ourense

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso superior ao 2,5 %

2.3.2013; 20.32; A-52; 0218,600

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros

OU-00556-O-2013

3273-DJM

Garda Civil 3203 B38216U

Granitos y Maderas Compra Venta, S.L.

B36403525

Bo. Penedo, 21

36414 O Porriño, Pontevedra

Exceso nos tempos máximos de condución diaria ata un 20 % (sobre 9 horas). Máis de 9.30 h a 10 h.

21.3.2013; 19.14; 52; 181

Art. 142.3 LOTT, Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, Art. 201.1.c) ROTT

350 euros