Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 18 de decembro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-01130-O-2013 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles as persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmaselles que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 18 de decembro de 2013

Ángel Míguez Lóprez
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-01130-O-2013

7931-HDC

Garda Civil 3203 T10323A

Transportes Arrive Is S-20, S.L.

B70302815

Gran Vía, 28

28013 Madrid

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Menos de 24 horas.

12.7.2013; 12.06; A-52; 132,500

Art. 140.37.6 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

2.000 euros

OU-01190-O-2013

0181-FDP

Garda Civil 3202 S11089P

Transportes Anafer 2011, S.L.

B24632226

Fueros de León, 1

24400 Ponferrada, León

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

11.7.2013; 16.40; N-120; 461

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros

OU-01217-O-2013

7931-HDC

Garda Civil 3203 T10323A

Transportes Arrive Is S-20, S.L.

B70302815

Gran Vía, 28

28013 Madrid

Carecer do certificado de aptitude profesional CAP.

12.7.2013; 12.21; A-52; 132,500

LOTT 141.19

ROTT 198.19

LOTT 143.1.e)

ROTT 201.1.e)

1.001 euros

OU-01251-O-2013

5543-FDP

Garda Civil 3201 A47914C

Transportes Amajosa, S.L.

B23559362

Francisco Aritio, 162

19004 Guadalajara

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

23.7.2013; 00.05; A-52; 203

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros

OU-01280-O-2013

8729-HCB

Garda Civil 3201 M30803D

Trabegons, S.L.

B36177087

Licenciado Molina, 3-2º C

36003 Pontevedra

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas.

18.8.2013; 8.48; N-525; 242

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros

OU-01290-O-2013

8085-FTT

Garda Civil 3203 B38216U

Ttes. Doradovalex Ourense, S.L.

B32375321

Picouto, 4 baixo

32890 Barbadás, Ourense

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

21.8.2013; 18.40; OU-P-000; 2,500

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros

OU-01315-O-2013

7424-GBM

Garda Civil 3203 B38216U

Logística Ourense, S.L.

B32396236

Polígono San Cibrao-sector C,

Rúa 6, parcela 18

32911 San Cibrao das Viñas, Ourense

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

1.9.2013; 20.05; A-52; 132,2

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

OU-01316-O-2013

0881-FZD

Garda Civil 3203 T10323A

Renovados de las Cinco Jotas de Galicia, S.L.

B36978716

Avda. Aeroporto, 441

36317 Vigo, Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

15.8.2013; 11.17; A-52; 155

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros