Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2013/081 e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia debera efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70-2º do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 11 de decembro de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/081.

Denunciado: Abdelkarim el Omari.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/092.

Denunciado: Cioran Samuel Vasile.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/144.

Denunciado: Razvan Anghel Curt y Alexe Levantica.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/146.

Denunciado: Elomari Abdelkarim y Cristian Matei.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/149.

Denunciado: Razvan Anghel Curt.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/166.

Denunciado: Marian Cretu.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/172.

Denunciado: Matías Montoya Bentos.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/235.

Denunciado: Rolando M. Diestre Brion, Nicusor Matei y Zanfir Vasile.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.