Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Navia de Suarna

ANUNCIO de información pública sobre proxecto básico e de execución para fosa de xurro e esterqueira.

Montserrat Fernández Brañas solicitou desta alcaldía licenza municipal para o proxecto básico e de execución para fosa de xurro e esterqueira en Figueira, na parroquia de Cabanela, no municipio de Navia de Suarna.

Cumprindo o disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Navia de Suarna, 23 de outubro de 2013

José Fernández Fernández
Alcalde