Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1225

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de información pública sobre actividade sometida á avaliación de incidencia ambiental.

Feribeco, S.L. solicitou licenza de obra e actividade para un depósito de materiais de construción nunha parcela rústica, sita nas parcelas 613, 614, 615 e 616 do polígono 23 do Catastro de rústica na Espiñeira, Foxado, Curtis.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese este expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo (que se contará desde o día seguinte ao da última inserción deste anuncio no BOP ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgunha maneira pola actividade que se pretende realizar poidan examinar o expediente e formularen as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Teixeiro, 18 de decembro de 2013

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde