Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1227

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de notificación do documento de revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación municipal de Ourense á Asociación pola Defensa dos Ríos (expediente 2010002650 de planeamento urbanístico).

Estase a tramitar o documento de revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación municipal de Ourense e, de acordo co exixido no documento de referencia, cómpre solicitar a consulta da Asociación pola Defensa dos Ríos.

Por ignorar o lugar da notificación da mencionada asociación, y en cumprimento dos artigos 59.5 e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, ponse no seu coñecemento a dispoñibilidade do dito documento no Negociado de Planeamento Urbanístico, con enderezo na rúa García Mosquera nº 19-1º, desde as 9.00 ás 14.00 horas, e na paxina web deste Concello de Ourense.

O prazo da emisión do informe é de tres meses para o informe instado en relación co artigo 85.2 da LOUG e dun mes en relación co artigo 85.3 da LOUG.

Ourense, 17 de decembro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente