Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1228

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre licenza para taller de vehículos.

José Manuel Carrera Leiros solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de taller de vehículos, que vai situar na rúa Ramiro Sabell nº 10, baixo, neste municipio de Ponteareas, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formularen por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Ponteareas, 22 de novembro de 2013

Salvador González Solla
Alcalde