Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1229

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de adxudicación do contrato de servizos consistentes na redacción do Plan especial do polígono industrial David Ferrer Garrido.

Por acordo da Xunta de Goberno local de data 9 de decembro de 2013 foi adxudicado o contrato de servizos consistentes na redaccion do Plan especial do polígono industrial David Ferrer Garrido o que se publica para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xunta de Goberno local.

b) Dependencia que tramita el expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 80/2013.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: sancibrao@sedelectronica.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: procedemento aberto, varios criterios de adxudicación.

b) Descrición: redacción do Plan especial do polígono industrial David Ferrer Garrido.

c) Lote: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 71410000-5.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisición: non procede.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: BOP, DOG e perfil de contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: BOP nº 254, do 5.11.2013, DOG nº 214, do 8.11.2013 e perfil de contratante do 4.11.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: contrato de servizos por procedemento aberto, varios criterios de adxudicación.

4. Valor estimado do contrato: 175.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 175.000,00 €. Importe total: 211.750,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9.12.2013.

b) Data de formalización do contrato: 11.12.2013.

c) Contratista: Idom Ingeniería y Consultoría, S.A.

d) Importe. Importe neto: 165.000,00 € más 34.560,00 € de IVE . Importe total: 199.650,00 €.

San Cibrao das Viñas, 16 de decembro de 2013

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde