Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1231

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Ponte Pereda, Soc. Coop. Galega de Vivendas en liquidación

ANUNCIO de aprobación do balance final e proxecto de distribución do activo.

A Cooperativa Ponte Pereda Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas en Liquidación, inscrita no Rexistro de Cooperativas da Coruña co número 661-C, anuncia que na asemblea que tivo lugar en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 2013, cumplidos os requisitos legais e estatuarios previstos para a convocatoria, adoptou o acordo de aprobar o balance final e o proxecto de distribución do activo, previamente censurados polo órgano de intervención da cooperativa.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2014

José Bispo Encisa
Xavier Sánchez Santos
Mª Ángeles Alvela Varela
Liquidadores