Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1157

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (16/2011).

Ana Rodríguez Puga, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, fai saber que neste procedemento ordinario 16/2011, seguido por instancia de Concepción Martín Marrube fronte á herdanza xacente de Francisco Delgado Casas, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvo.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Beatriz Piñón López, en nome e representación de Concepción Martín Marrube, fronte á herdanza xacente de Francisco Delgado Casas; e, por conseguinte, debo acordar e acordo:

Primeiro. Declarar extinguido o condominio respecto da vivenda sita na planta 1, porta E, xunto cos seus anexos, situados no edificio sito na rúa Rosalía de Castro, esquina coa rúa da Pedra, do municipio de Burela, da que son titulares as partes por iguais metades indivisas.

Segundo. Decretar a división do referido predio polo seu carácter indivisible e a súa venda en pública poxa con intervención de licitadores estraños, aplicando o importe obtido ao pagamento da hipoteca que grava a vivenda e, no caso de haber sobrante, este distribuirase en partes iguais entre os copropietarios.

Terceiro. Recoñecer a favor da demandante un dereito de crédito polo importe do 50 % das cotas do préstamo hipotecario, dos impostos, cotas de comunidade e dos seguros satisfeitas por este, así como con respecto ás que se satisfagan con posterioridade, que se determinará en execución de sentenza ata a liquidación da comunidade.

Cada parte aboará as súas custas e as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, herdanza xacente de Francisco Delgado Casas, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Viveiro, 21 de outubro de 2013

A secretaria xudicial