Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1156

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2013 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico en instalacións, grupo III, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución do 29 de xullo de 2013 (DOG do 9 de agosto e BOE do 2 de se-tembro) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico en instalacións, grupo III, da USC, unha pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de servizos administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Cuarto. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela