Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1146

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 18 de decembro de 2013 pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 249, do 31 de decembro de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 53196, onde di:

«32.77.02 Tramitación de expedientes en materia de augas minerais e termais, con
exclusión dos gastos relativos á información pública».

Deberá engadirse a continuación:

«32.77.03 Voaduras especiais».