Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1144

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de prórroga do convenio colectivo de Gadisven, S.A.

Visto o acordo subscrito pola comisión negociadora do convenio colectivo de Gadisven, S.A. con data do 10 de outubro de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Acta da mesa negociadora Gadisven, S.A.

Na Coruña, o 10 de outubro de 2013, reúnese nas oficinas da empresa a mesa negociadora do convenio colectivo de Gadisven, S.A.

Comparecentes:

A. Pola representación sindical:

Comparecen os membros do comité de empresa, que quedan enumerados agrupados por sindicatos, da seguinte maneira:

Sindicato CSI-F : Benjamín Rivera González e Francisco Javier Villasuso Lorenzo.

Sindicato CC.OO.: Víctor Uriarte Vigo, Christian Galasso Vilas e Fernando Otero Ramírez.

B. Pola dirección da empresa:

Pedro Pajarrón López-Sors.

Aberta a sesión e tras as deliberacións oportunas, as partes adoptan o seguinte acordo:

Prorrogar un ano, é dicir, desde o 1.1.2013 ata o 31.12.2013, a vixencia do convenio, coas excepcións que se relacionan a seguir:

Artigo 14

Establecer unha revisión salarial con efecto retroactivo á data do 1.1.2013 dun incremento do 1 % para os conceptos establecidos na táboa salarial do anexo I do convenio colectivo de Gadisvén, S.A.

Artigo 18

A bolsa de vacacións cobrarase nunha contía igual a 18 días dos seguintes conceptos: salario base, complemento de permanencia e complemento de convenio, sexa cal sexa o mes do seu desfrute. Este acordo terá efecto a partir do 1.1.2014.

Artigo 28

A póliza de accidentes de morte ou invalidez increméntase de 12.020 € a 15.000 € para todo o persoal. Ese acordo terá efecto a partir do 1.11.2013.

Artigo 29

A axuda escolar increméntase de 110 € a 112 € anuais por fillo con efecto retroactivo á data do 1.1.2013.

E sen máis asuntos que tratar, remata a sesión na cidade e data indicados no encabezamento.