Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se publica a Resolución do 9 de decembro de 2013 que modifica, por modificación non substancial, transmite e actualiza unha autorización ambiental integrada, de conformidade co disposto na Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados.

De conformidade coa disposición transitoria primeira da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, o órgano competente para o outorgamento das autorizacións ambientais integradas realizará as actuacións necesarias para a actualización das autorizacións para a súa adecuación á Directiva 2010/75/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro, sobre emisións industriais, con anterioridade ao 7 de xaneiro de 2014; e procederá á publicación destas no boletín oficial correspondente, deixando constancia da súa adaptación á Directiva 2010/75/CE, do 24 de novembro.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve publicar a resolución pola cal se actualiza, modifica, por modificación non substancial, e se transmite á entidade mercantil Speciality Marine Products and Ventures, S.L. a autorización ambiental integrada outorgada a Lake Oil, S.L. para unha instalación química para a obtención de escualeno, no concello da Cañiza (Pontevedra), con número de rexistro 2010-IPPC-1038-250.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Resolución do 9 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se actualiza, modifica, por modificación non substancial, e se transmite á entidade mercantil Speciality Marine Products and Ventures, S.L. a autorización ambiental integrada outorgada a Lake Oil, S.L. para unha instalación química para a obtención de escualeno, no concello da Cañiza (Pontevedra). Nº de rexistro da AAI: 2010-IPPC-1038-250.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 5 de maio de 2011 outorgouse a autorización ambiental integrada (AAI) a Lake Oil, S.L. para unha instalación química para a obtención de escualeno, situada nas parcelas nº 5 e 6 do polígono industrial de Ribadil (concello da Cañiza).

Segundo. O 15 de abril de 2013 recíbese comunicación da entidade Banco Santander, S.A. coa cal se achega documentación acreditativa de ter adquirido a propiedade das anteditas parcelas nº 5 e nº 6, que ocupaban as instalacións de Lake Oil, S.L., con data do 11.3.2013.

Terceiro. O 30 de xullo de 2013 a empresa Speciality Marine Products and Ventures, S.L. comunica a esta SXCAA que detentan a condición de inquilinos da antedita parcela nº 6 en virtude de contrato de arrendamento do 19.6.2013. Segundo o especificado na documentación presentada, a citada arrendataria pretende producir escualeno mediante un proceso similar ao da anterior explotadora, polo cal solicita a transmisión da AAI de Lake Oil, S.L. para comezar a súa actividade.

Cuarto. Coa solicitude de transmisión de titularidade da autorización, a antedita solicitante presenta un informe de situación dos solos e a documentación necesaria para dar cumprimento ao número 1 do artigo 12 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, modificada pola Lei 5/2013, do 11 de xuño.

Quinto. A autorización ambiental integrada cuxa transmisión se pretende non incluía as mencións exixidas pola disposición transitoria primeira da devandita Lei 16/2002. De acordo co punto 2 da disposición, considéranse actualizadas as autorizacións ambientais integradas actualmente en vigor que conteñan prescricións explícitas relativas a:

a) Incidentes e accidentes.

b) Incumprimento das condicións das autorizacións ambientais integradas.

c) No caso de xeración de residuos, a aplicación da xerarquía de residuos establecida no artigo 4.1.b).

d) De ser o caso, o informe mencionado no artigo 12.1.f) desta lei, que deberá ser tido en conta para o peche da instalación.

e) As medidas que se deben tomar en condicións de funcionamento diferentes ás normais.

f) De ser o caso, os requisitos de control sobre solo e augas subterráneas.

g) Cando se trate dunha instalación de incineración ou coincineración:

– Os residuos que trate a instalación relacionados segundo a Lista europea de residuos; e

– Os valores límite de emisión que regulamentariamente se determinen para este tipo de instalacións.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A instalación de referencia está afectada pola Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación.

Segundo. A disposición transitoria primeira da Lei 5/2013, do 11 de xuño, pola que se modifican a Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, e a Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, establece que «o órgano competente para o outorgamento das autorizacións ambientais integradas levará a cabo as actuacións necesarias para a actualización das autorizacións para a súa adecuación á Directiva 2010/75/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, de 24 de novembro, sobre emisións industriais, con anterioridade ao 7 de xaneiro de 2014».

Terceiro. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para a tramitación e o seguimento das autorizacións ambientais integradas, de conformidade co disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Á vista do exposto anteriormente, e unha vez completado o procedemento administrativo previsto,

Resolvo:

Primeiro. Transmitir a Speciality Marine Products and Ventures, S.L. (CIF B-27777416) con enderezo social na rúa Urzaiz 21, planta 1, porta B, 36201 Vigo, a autorización ambiental integrada outorgada Lake Oil, S.L., mediante Resolución do 5 de maio de 2011.

Segundo. Determinar, con base na información achegada polo novo titular da instalación que a modificacións obxecto da presente resolución non é substancial, para os efectos do artigo 10 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dado que previsiblemente non incidirá negativamente na seguridade, saúde das persoas e no ambiente.

Terceiro. Modificar a autorización ambiental integrada, ao abeiro do artigo 10.2 da Lei 16/2002 e como consecuencia da modificación non substancial da instalación, que queda redactada segundo se recolle nos anexos. Segue correspondendo a esta instalación o número de rexistro 2010-IPPC-1038-250.

Cuarto. Establecer a obriga de que o titular dea cumprimento ao Real decreto 508/2007, do 20 de abril, polo que se regula a subministración de información sobre emisións do Regulamento E-PRTR e das autorizacións ambientais integradas, comunicando a información requirida anualmente ao rexistro galego PRTR de emisións (REGADE Sección PRTR).

Quinto. Establecer a obriga de que o titular comunique a esta secretaría xeral calquera modificación que se pretenda levar a cabo na instalación, indicando razoadamente, en atención aos criterios sinalados no artigo 10 da Lei 16/2002, se considera que se trata dunha modificación substancial ou non substancial, e xuntando os documentos xustificativos oportunos. Para estas modificacións aplicarase o sinalado nos artigos 10.2 e 10.3 da citada lei.

Sexto. Establecer a obriga de que o cambio de titularidade sexa comunicado a esta secretaría xeral, para o cal se deberá presentar a documentación acreditativa da nova titularidade da instalación.

Sétimo. Actualizar a autorización ambiental integrada ao abeiro da disposición transitoria primeira da Lei 16/2002, do 1 de xullo, facendo constar nos anexos as mencións exixidas polo número 2 da dita disposición.

As condicións desta autorización revisaranse nun prazo de catro (4) anos a partir da publicación das conclusións relativas ás mellores técnicas dispoñibles (MTD), en canto á principal actividade da instalación e, na súa falta, cando os avances nas mellores técnicas dispoñibles permitan unha redución significativa das emisións, salvo que se produzan antes do prazo indicado modificacións substanciais que obriguen á tramitación dunha nova autorización ou que se incorra nalgún dos supostos de revisión recollidos no artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo.

O incumprimento das condicións recollidas nesta resolución suporá a adopción das medidas de disciplina ambiental recollidas no título IV da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, sen prexuízo do establecido na lexislación sectorial, que seguirá sendo aplicable.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013.

Justo de Benito Basanta, secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

ANEXO I
Datos da empresa e do expediente

1. Datos da empresa matriz:

Razón social: Speciality Marine Products and Ventures, S.L.

CIF: B-27777416.

Enderezo postal: rúa Urzaiz 21, planta 1, porta B.

Código postal: 36201.

Localidade: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

2. Datos da instalación:

Localización: polígono industrial de Ribadil, parcela nº 6.

Código postal: 36880.

Localidade: A Cañiza.

Provincia: Pontevedra.

Representante legal: Sonia Cristina da Cruz Casqueira Andrade Caçao.

Coordenadas UTM indicativas da localización da instalación: X: 561.549, Y: 4.675.086 fuso: 29 (datum ED50).

Actividade económica principal: fabricación de produtos químicos.

CNAE-2010: 20.59 fabricación doutros produtos químicos non clasificados noutra parte.

3. Datos do expediente:

Número de rexistro: 2010-IPPC-I-1038-250.

Tipo de solicitude: instalación existente.

Categoría IPPC principal: anexo I, epígrafe 4.1.a.

Pequena produción de residuos perigosos: PO-RP-P-PP- 02014.

Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos cales interveñan substancias perigosas: non aplica.

ANEXO II
Resumo do proxecto

As instalacións de Speciality Marine Products and Ventures, S.L. localízanse no polígono industrial de Ribadil, no concello da Cañiza.

A actividade principal da empresa é a obtención de ingredientes naturais para as industrias cosmética e farmacéutica. A instalación conta cunha nave de produción e a súa capacidade produtiva aproximada de escualeno é de 384 t/ano.

A continuación resúmense, en liñas xerais, as etapas das liñas do proceso produtivo:

A materia prima (escualeno animal e vexetal), que se recibe en envases GRGs de 1.000 l de capacidade, é hidroxenada para a obtención de escualeno.

1. Tratamento escualeno animal:

– Saponificación (esta etapa é opcional xa que a materia prima xeralmente está saponificada aínda que pode ser necesaria a mellora do produto).

– Primeira filtración.

– Hidroxenación.

– Desodorización (opcional, segundo elección do cliente).

– Segunda filtración.

– Envasado escualeno animal.

2. Tratamento escualeno vexetal:

– Filtración.

– Hidroxenación.

– Desodorización (opcional, segundo elección do cliente).

– Envasado escualeno vexetal.

Na instalación xéranse 3 tipos de augas residuais:

• As augas sanitarias canalízanse directamente á rede de saneamento do polígono industrial de Ribadil.

• As augas pluviais presentan dous destinos diferentes:

– As procedentes da cuberta son conducidas á rede de saneamento do polígono industrial de Ribadil logo do seu tratamento nun separador de graxas.

– As das partes posteriores procedentes de ambas as dúas parcelas son vertidas libremente ao medio, logo de tratamento en desareadores e sifóns.

• As augas de proceso e limpeza das instalacións, xeradas principalmente nos procesos de saponificación e desodorización (cando se levan a cabo) e na limpeza da nave, pasan por un separador de hidrocarburos, e despois a un cubeto de retención de derramamentos onde son recollidas por un xestor. As augas procedentes da saponificación, previamente decantadas e neutralizadas, poden envasarse directamente antes da entrega ao xestor.

Para o desenvolvemento da súa actividade Speciality Marine Products and Ventures, S.L. emprega varias fontes de enerxía: enerxía eléctrica (funcionamento da iluminación, usos xerais e motores eléctricos), gasóleo C (caldeiras) e gasóleo A (grupo electróxeno e a carreta elevadora).

ANEXO III
Resumo das mellores técnicas dispoñibles e medidas propostas
para a protección ambiental

A seguinte descrición das mellores técnicas dispoñibles baséase no BREF sobre tratamento e xestión de augas e gases residuais no sector químico:

Designación

Grao de implantación

Aspectos xerais. Deseño.

O deseño debe prever sistemas para minimizar as emisións aplicando técnicas xerais.

Implantada

– Segregación de efluentes.

– Estanquidade de equipos.

– Cubetos de retención.

– Sistemas de detección de fumes en zonas de risco.

– Sistemas de intercambiadores de calor.

– Ventilación mecánica.

Sistemas e ferramentas de xestión.

Implantada

Sistema de xestión interno de control que inclúe:

– Inventario de efluentes.

– Identificación de consumos.

– Busca de opcións de redución de consumos.

– Redución de emisións en orixe.

– Plan de resposta a accidentes que provocan contaminación.

– Seguimento e mantemento periódico das instalacións.

Tratamento augas residuais.

Implantada

– Separación a auga de proceso da auga pluvial non contaminada e doutras verteduras de auga non contaminada.

– Instalación dun tellado sobre as zonas de contaminación potencial.

– Tratamento da auga pluvial de zonas contaminadas antes de conducila a un acuífero receptor.

– Separación aceite/auga separador API.

– Tratamento descentralizado de auga de proceso.

Tratamento de emisións.

Implantada

Técnicas de tratamento final:

– Extracción forzada de gases, filtros.

– Torre de lavado de gases extraídos de tanques e saídas de bombas de baleiro.

ANEXO IV
Declaración de impacto ambiental

Esta SXCAA considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións propostas no estudo ambiental, así como as que se establecen ao longo da resolución.

ANEXO V
Autorización ambiental integrada

1. Sobre a atmosfera.

1.1. Catalogación das actividades.

– De acordo co disposto no Real decreto 100/2011, do 28 de xaneiro, polo que se actualiza o catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e se establecen as disposicións básicas para a súa aplicación, as actividades desenvolvidas na instalación están catalogadas:

Catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera. CAPCA-2010

Foco

Actividade

Grupo

Código

--

Produción, formulación, mestura, reformulación, envasado, ou procesos similares de produtos químicos orgánicos líquidos ou gasosos non especificados anteriormente >= 100 t/ano e < 1.000 t/ano

C

04 05 22 07

Foco 1
Hidroxenación

Caldeiras de P.t.n. <= 2,3 MWt e >= 70 kWt

C

03 01 03 03

Foco 2
Saponificación

Caldeiras de P.t.n. <= 2,3 MWt e >= 70 kWt

C

03 01 03 03

1.2. Descrición dos focos emisores á atmosfera.

Foco

Proceso

Potencia térmica nominal (MWt)

Combustible

Foco 1
Hidroxenación

Caldeira proceso

0,233

Gasóleo

Foco 2
Saponificación

Caldeira proceso

0,233

Gasóleo

Foco 3
Torre de lavado

Lavado de gases extraídos de tanques e saída de bombas de baleiro

N/A

N/A

Focos extractores (11 focos)

Extracción forzada de gases

--

--

Foco

Tratamento fin de liña

Coordenadas UTM (fuso 29, ED 50)

Altura (m)

Diámetro (m)

Foco 1
Hidroxenación

Non dispón

X=561.563

Y=4.675.097

6,25

0,33

Foco 2
Saponificación

Non dispón

X=561.560

Y=4.675.100

5,91

0,24

Foco 3
Torre de lavado

Torre de lavado

X=561.553

Y=4.675.109

5,9

0,16

Focos extractores
(11 focos)

Filtros

--

--

No referente ás emisións difusas de olores, non se van realizar procesos que supoñan un uso habitual dos focos extractores, tan só puntualmente a saponificación do escualeno.

• As alturas das chemineas están xustificadas de acordo coa instrución técnica IT/FE/DXCAA/07: «Criterios para o cálculo da altura das chemineas», con resultado favorable. Esta xustificación ten validez indefinida sempre e cando non se produza modificación na xeometría do foco e no proceso.

1.3. Valores límite de emisión.

Foco

Substancia

Unidades

Valores límite

de emisión (VLE) (1)

Condicións

Foco 1
Hidroxenación

Foco 2
Saponificación

SO2

mg/Nm3

850

Medición descontinua, control regulamentario

CO

mg/Nm3

625

NOx (expresado como NO2)

mg/Nm3

615

Opacidade dos fumes

Escala Bacharach

2

(1) Referidos ás seguintes condicións 273,15 K de temperatura, 101.3 kPa de presión e 3 % de oxíxeno nos gases de escape.

• A verificación do cumprimento dos valores límite de emisión realizarase conforme a instrución técnica IT/FE/DXCAA/15: «Criterios para a verificación do cumprimento dos valores límite de emisión».

• Os sistemas e procedementos para o tratamento e/ou minimización das emisións recóllense de xeito resumido no anexo III da presente resolución.

• Os focos extractores e as torres de lavado estarán sometidos a mantementos preventivos e correctivos de acordo co sistema de xestión da planta e coas especificacións do fabricante.

1.4. Vixilancia e control ambiental.

Foco

Periodicidade

Parámetros

Unidades

Foco 1
Hidroxenación

Foco 2
Saponificación

Control regulamentario cada 3 anos

Temperatura de gases

(ºC)

Presión en conduto

(mmHg)

Velocidade dos gases

(m/s)

Caudal de gases en condicións normais e base seca

(Nm3/h)

Oxíxeno

(%V)

CO2

(%V)

SO2

(mg/Nm3)

(Kg/h)

CO

(mg/Nm3)

(Kg/h)

NOx (expresados como NO2)

(mg/Nm3)

(Kg/h)

Opacidade dos fumes

(Escala Bacharach)

• Realizarase control periódico (unha medición) de acordo coa definición recollida na instrución técnica PX/FE/DXCAA/03: «Control de emisións».

• A metodoloxía de medición que se debe seguir está recollida na instrución técnica
IT/FE/DXCAA/11: «Criterios para definir métodos de referencia». Para gases de combustión acéptase a técnica de células electroquímicas, excepto para SO2 nos motores de coxeración.

• Os sitios e as seccións de medición dos focos emisores deben cumprir coas seguintes instrucións técnicas:

– IT/FE/DXCAA/08: «Requisitos e condicións de seguridade que se deben incluír nos puntos de mostraxe de focos emisores á atmosfera».

– IT/FX/DXCAA/09: «Acondicionamento da sección de medida en focos emisores á atmosfera».

Ambas as dúas xustificacións e con resultado favorable formarán parte da información das emisións, e estarán dispoñibles a través da plataforma informática REGADE-CAPCA. Estas xustificacións terán validez indefinida sempre que non se produzan modificacións substanciais no foco emisor e no proceso asociado ao foco.

1.5. Informes de control de emisións á atmosfera.

• A instalación informará das súas emisións a través da plataforma informática REGADE-CAPCA. Os informes de control de OCAs deberán estar anexados na dita plataforma.

• No caso de que nos informes dos OCAs a declaración de conformidade fronte aos valores límite de emisións á atmosfera non sexa conforme, o titular poñerao en coñecemento do Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación nun prazo non superior a 48 horas desde a recepción do informe e, pola súa vez, proporá as medidas correctoras e a data do novo control, o que corresponda segundo se establece nesta resolución, para verificar a eficacia da implantación das ditas accións correctoras.

2. Sobre o nivel de presión sonora.

2.1. Valores límite.

– Durante a actividade da instalación non se poderán emitir nin transmitir niveis de ruído tales que produzan valores de recepción superiores aos establecidos no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, que sexan de aplicación, así como en calquera outra normativa de aplicación que se dite en materia de ruídos.

2.2. Sistemas e procedementos para minimizar a contaminación acústica.

– Calquera actividade puntual programable, que poida supor un incremento nos niveis de presión sonora, realizarase en período diúrno.

– As fontes de ruído identificadas no interior das naves estarán instaladas sempre de xeito que se minimice a transmisión de vibracións e ruídos ao exterior destas.

– As naves contarán en todo momento cos elementos illantes necesarios para garantir o cumprimento dos niveis de ruído establecidos no punto anterior.

2.3. Vixilancia e control ambiental.

– No caso de executar modificacións que poidan afectar os niveis de presión sonora, realizarase unha campaña de control de ruídos, no perímetro da parcela e nas zonas habitadas máis próximas, que incluirá medicións en horario diúrno e nocturno, determinando o nivel de presión sonora xerado coas novas unidades en funcionamento. Adoptaranse, de ser o caso, as medidas precisas para cumprir os valores límite.

Dos resultados destes controis darase traslado á SXCAA co fin de analizalos e decidir se resulta preciso establecer algunha periodicidade de control ou adoptar algunha medida para garantir o cumprimento dos valores límite.

– As medicións serán realizadas por un organismo de control acreditado, que seguirá para o efecto os procedementos establecidos na normativa de aplicación.

3. Sobre as verteduras líquidas.

Segundo a documentación presentada, Speciality Marine Products and Ventures, S.L. declara que a xestión que efectúa das augas residuais xeradas na instalación é a seguinte:

– As augas residuais industriais son recollidas por un xestor autorizado.

– As augas pluviais son enviadas en parte á rede do polígono industrial (logo de tratamento nun separador de graxas) e o resto vertidas ao medio (logo de pasar por desareadores e sifóns).

– As augas sanitarias procedentes dos aseos e vestiarios da fábrica son enviadas directamente á rede de saneamento do polígono industrial.

No caso de que se executen modificacións (non substanciais) na instalación que poidan producir variacións nas augas residuais xeradas por ela, é necesario contar coa autorización previa desta SXCAA para a produción destas verteduras.

3.1. Valores límite de vertedura.

Con base no artigo único do Real decreto lexislativo 4/2007 polo que se modifica o texto refundido da Lei de augas, a autorización para a conexión das augas residuais á rede de sumidoiros atribúese ao titular da rede de sumidoiros. Polo tanto, o titular das instalacións está obrigado ao cumprimento das normas recollidas no correspondente Regulamento do servizo de verteduras á rede de sumidoiros da Cañiza (BOP nº 125, do 28 de xullo de 2007).

3.2. Sistemas e procedementos para o tratamento e a minimización de verteduras.

– En xeral, considérase axeitado que se segreguen e traten as diferentes correntes de augas residuais xeradas na instalación segundo a súa orixe, e que se conte cun tratamento previo á súa vertedura.

– Se a práctica demostrase que os tratamentos de depuración son insuficientes pola calidade das verteduras, en relación cos límites fixados nesta autorización, o titular deberá, logo da autorización correspondente, executar as obras e instalacións necesarias para axustar a vertedura ás características autorizadas. Neste senso, a Administración poderá exixir ao autorizado a instalación de tratamentos complementarios e calquera outra mellora nas instalacións de depuración que resulte axeitada para acadar os límites impostos ou outros que se poidan impoñer, determinando os prazos correspondentes.

3.3. Vixilancia e control ambiental.

– O titular da instalación levará control mediante albarás da recollida das augas contaminadas por parte do xestor encargado.

– Para as verteduras de augas pluviais ao medio, no prazo de tres (3) meses desde a notificación desta resolución a empresa deberá presentar perante a SXCAA unha xustificación de que estas augas non están contaminadas acompañada dunha caracterización delas segundo os parámetros pH, condutividade, DQO total, DBO5, sólidos en suspensión, nitróxeno amoniacal, aceites e graxas, deterxentes e fósforo total.

Unha vez avaliados os resultados da caracterización destas augas, esta SXCAA determinará a necesidade ou non de regularizar estas verteduras, establecendo en cada caso os valores límite de emisión e a vixilancia e control ambiental para cada unha delas e/ou as medidas correctoras que haberá que executar para elas.

– A empresa deberá presentar no prazo de tres (3) meses contados a partir da presente resolución un plan de control de consumos de auga e de saída de efluentes.

4. Sobre a protección do solo e das augas subterráneas.

4.1. Sistemas e procedementos para evitar a contaminación.

Manteranse en perfecto estado de revisión os cubetos de seguridade fronte a derramamentos de substancias perigosas, e recollerase inmediataamente todo derramamento accidental que puidera afectar o solo.

As prácticas e operacións de carga e descarga de produtos perigosos realizaranse sobre superficies impermeables provistas de fosos de retención de verteduras accidentais.

Os almacenamentos de residuos realizaranse sobre pavimento formigonado; levaranse a cabo constantes labores de mantemento co obxecto de evitar a infiltración no solo e a afección ás augas subterráneas.

4.2. Vixilancia e control ambiental.

Para o control periódico dos solos e das augas subterráneas, de acordo coa proposta presentada, instalaranse tres pezómetros, localizados nas seguintes coordenadas UTM:

Coordenadas UTM (ED 50, fuso 29)

X

Y

P-1

561546

4675120

P-2

561541

4675053

P-3

561579

4675046

Estes pozos instalaranse con recollida de testemuña, analizándose dúas mostras de solos en cada sondaxe. En cada unha das mostras analizaranse os seguintes parámetros:

Solos

Augas subterráneas

pH, condutividade, níquel, materia orgánica, granulometría, hidrocarburos totais de petróleo, BTEX e PAHs

pH, condutividade, níquel, carbono orgánico total, hidrocarburos totais de petróleo, nitróxeno amoniacal, BTEX e PAHs.

En cada un dos pezómetros instalados, determinarase a calidade das augas subterráneas cunha periodicidade semestral.

Os pezómetros deberán permanecer operativos durante toda a vida útil da instalación, levar a cabo as operacións de mantemento necesarias para garantir a súa permanencia, e revisar as tapas exteriores para evitar a entrada de elementos externos; ademais, realizarase o desenvolvemento de cada un dos pezómetros co fin de eliminar os finos que se poidan acumular e tupir a tubaxe de PVC.

Todos os pezómetros deberán ser bombeados de forma previa á toma de mostras, co obxecto de forzar a entrada de auga do acuífero e garantir a representatividade da mostra. A toma de mostras e as análises serán realizadas por unha entidade colaboradora coa administración hidráulica (ECA) de acordo cos requirimentos establecidos no Decreto 162/2010, do 16 de setembro.

A rede de control dos solos e das augas subterráneas deberá estar executada no prazo máximo dun mes contado a partir da obtención da presente resolución. Unha vez executado deberá remitir a esta secretaría xeral un informe cos datos obtidos nas determinacións anteriormente especificadas. Estes datos avaliaranse xunto con informe de situación do solo por transmisión de titularidade para a súa aprobación.

En función dos resultados acadados en cumprimento dos puntos anteriores, poderase modificar a periodicidade de control. Se como resultado das análises efectuadas se detectasen zonas de solo ou augas contaminadas estableceranse, de acordo coa SXCAA, criterios de avaliación de riscos e plans de acción para o seu control.

5. Sobre a xestión e produción de residuos.

5.1. Condicionantes xerais.

– O titular da instalación deberá contar coas inscricións que lle correspondan no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, mantelas actualizadas e cumprir cos condicionantes recollidos na correspondente resolución de inscrición.

– Deberanse cumprir en todo momento as prescricións que sobre residuos se establecen na normativa de aplicación para as actividades inscritas, así como nas disposicións e instrucións que se diten nas administracións do Estado e da Xunta de Galicia en materia de residuos. Entre estas:

• Priorizarase a prevención na xeración de residuos, así como a preparación para a súa reutilización e reciclaxe. No caso de xeración de residuos cuxa reutilización ou reciclaxe non sexa posible, estes destinaranse a outro tipo de valorización, evitando a súa eliminación sempre que sexa posible.

• A entidade explotadora disporá dun arquivo cronolóxico, físico ou telemático, segundo o establecido no artigo 40 da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados. Gardarase a información arquivada durante, cando menos, tres (3) anos.

• Para os efectos de que esta secretaría xeral verifique que non se dá algún dos supostos previstos nos artigos 25.4 e 25.5 da Lei 22/2011, a empresa deberá notificar os traslados de residuos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Realizarase o procedemento de control dos traslados de residuos perigosos e non perigosos, incluídos no ámbito de aplicación do Decreto 174/2005, que se realicen pola vía pública dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos.

• Cumpriranse as obrigas que derivan do disposto nos artigos 31 e seguintes do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 20/1986, básica de residuos tóxicos e perigosos.

• Os residuos xestionados externamente entregaranse a xestores autorizados, priorizando a entrega a aqueles que se atopen máis preto da planta. Os traslados dos residuos realizaranse mediante empresas transportistas inscritas no rexistro para o efecto.

• Deberanse cumprir as normas técnicas vixentes relativas ao envasado, etiquetaxe e almacenamento de residuos perigosos.

• No caso do almacenamento, este terá que ser para residuos non perigosos por tempo inferior a dous (2) anos, se o seu destino é a valorización, un ano se é a eliminación e, para residuos perigosos, de seis (6) meses.

• Deben cumprirse as exixencias establecidas na lexislación de protección civil (segundo o establecido no artigo 5.2 do Real decreto 833/1988, do 20 de xullo) e as prescricións técnicas do proxecto da actividade presentada.

6. Información de seguimento ambiental.

6.1. Cumprimento do E-PRTR.

– Na notificación anual que se realice para a elaboración do Rexistro europeo de emisións e transferencia de contaminantes, deberán incluírse todas as substancias do anexo II do Real decreto 508/2007, do 20 de abril, polo que se regula a subministración de información sobre emisións do Regulamento E-PRTR e das autorizacións ambientais integradas, e, para as substancias que non se declaren, deberá incluír a xustificación razoada do motivo polo cal non se declaran. Ademais do anterior, nesta notificación deberase incluír, polo menos:

• Para o caso de contaminantes medidos: norma que contén o método de medida, número de medidas (en caso de mostraxes non continuas) e todos os parámetros necesarios para obter o valor declarado de carga másica anual: resultados en masa/volume normalizado e en base seca, horas de funcionamento do foco ou proceso de que proceda, e resultados en kg/ano ou t/ano.

• Para o caso de contaminantes calculados: indicaranse as fontes dos métodos de cálculo e factores de emisión aceptados nos ámbitos nacionais e internacionais e representativos do sector industrial, así como os datos do proceso industrial para determinar a carga másica das instalacións, todo co fin de poder validar os resultados.

• Para o caso de contaminantes estimados: indicaranse en que se fundamentan as estimacións non normalizadas, así como cantos datos do proceso industrial deben ser tidos en conta para determinar a carga másica das emisións.

– Esta notificación realizarase, preferiblemente, vía telemática.

6.2. Informe de cumprimento da autorización ambiental integrada.

– Semestralmente remitirase á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental un informe de autoavaliación do cumprimento das obrigas de control e seguimento establecidas na autorización, que comprenda, como mínimo:

a) Atmosfera (incluirase por primeira vez no informe do primeiro semestre do ano 2015, con periodicidade trienal):

• Produción mensual (t/mes) e anual (t/ano), con estimación da porcentaxe da súa capacidade produtiva utilizada.

• Declaración do cumprimento da periodicidade dos controis de emisións establecidos.

• Valoración do cumprimento dos valores límite de emisión, con datos e expresión gráfica dos resultados desde o ano en que se outorgou a autorización, incluíndo tamén gráficos e datos de caudal de gases en condicións requiridas na autorización e oxíxeno (% V).

• Estudo das desviacións acontecidas no ano transcorrido: no caso de que as emisións non cumprisen cos valores límite de emisión establecidos ou se detectase algunha desviación anómala nos valores obtidos, deberanse incluír unha análise das posibles causas, detalle das medidas correctoras que se puxeran en práctica, data de implantación e avaliación da súa efectividade.

b) Augas residuais.

• Albarás de recollida de augas residuais de proceso por xestor autorizado.

• Cuantificación de entradas e saídas de auga (unha vez implantado o sistema de control).

c) Solos e augas subterráneas:

• Resultados dos controis de augas subterráneas realizados e informe valorativo.

No caso de detectarse resultados anómalos, deberase incluír unha avaliación da influencia da instalación na calidade das augas subterráneas. De ser o caso, deberán ademais indicar detalle das medidas correctoras, data de implantación e avaliación da súa efectividade.

d) E-PRTR:

• No informe correspondente ao primeiro semestre, presentarase a xustificación de ter realizado a notificación anual o ano anterior.

6.3. Formato de presentación da documentación.

– Con carácter xeral, a información de seguimento que se solicita na presente resolución:

• Deberá ser presentada por un representante legal da instalación ou polo responsable do cumprimento da autorización ambiental integrada.

• Cada un dos informes de seguimento que se presenten, incluídos os resultados dos controis internos, deberán estar asinados polo/s técnico/s competente/s responsable/s da súa elaboración, e selados pola empresa.

• Todos os documentos estarán correctamente identificados incluíndo, se fose o caso, o número de revisión que corresponda, e indicando sempre a súa data de elaboración.

– No caso dos informes que se deben presentar perante esta secretaría xeral:

• Presentarase un (1) documento en formato papel, que deberá ser orixinal, e dous (2) exemplares en soporte dixital que conteñan esta documentación presentada en papel, en formato «.pdf».

• Como os exemplares en soporte dixital deben conter a mesma información que o documento en papel, ambos deberán identificarse cos mesmos títulos, e a única diferenza será o formato en que se presentan.

• Os exemplares en soporte dixital deberán presentar unha estrutura que permita unha lectura congruente da información, organizada nas correspondentes carpetas e subcarpetas se fose necesario.

6.4. Arquivo da información.

– Salvo indicación expresa noutro sentido, os resultados dos controis requiridos nesta autorización serán arquivados na planta e mantidos durante un período mínimo de cinco (5) anos a partir do final do ano de referencia de que se trate, debendo facilitarse á Administración en caso de que esta os requira.

7. Incidentes e accidentes.

– O titular procederá inmediatamente á determinación da orixe do problema e adoptará as medidas necesarias para que quede garantida a protección do ambiente e a saúde das persoas ante calquera incidente ou accidente que se produza na instalación. Dentro destas medidas considerarase, no caso de ser necesario, a suspensión da actividade.

– Se esta situación deriva nun incumprimento das condicións impostas na autorización ambiental integrada e/ou pode ter repercusións sobre a saúde das persoas ou o ambiente, o titular procederá a comunicala á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e ao órgano de bacía (neste último caso se o incidente/accidente pode afectar o dominio público), sen menoscabo das comunicacións que deban realizarse a outros organismos afectados.

– No prazo máximo de sete (7) días tras a comunicación, o titular deberá remitir aos referidos órganos un informe en que figure, como mínimo:

• As causas do incidente.

• A hora en que se produciu e a súa duración.

• As características das emisións producidas, no caso de existiren.

• As medidas adoptadas tanto para corrixir a situación como para prever novos incidentes.

• A hora e forma en que se comunicou o suceso aos distintos organismos.

8. Condicións de funcionamento diferentes das normais.

– En caso de fugas e fallos de funcionamento na instalación, aplicarase o disposto na epígrafe de «incidentes e accidentes» deste anexo.

– A instalación deberá determinar cales son os seus períodos de arranque e parada. Contará ademais cun rexistro (físico ou dixital), adecuadamente protexido contra danos ou contra modificacións non autorizadas e á disposición da Administración, en que se anotarán:

• Os criterios técnicos e/ou os parámetros en que se basea a determinación destes períodos.

• A data e a súa duración.

– O titular deberá comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental calquera parada temporal da actividade que poida afectar o normal cumprimento das condicións establecidas ao longo desta resolución. Así mesmo, deberá comunicar, no momento de producirse, o seu reinicio.

9. Condicións para o cesamento definitivo da actividade.

– Antes do inicio, ben de calquera acción de adecuación do recinto industrial ou ben do seu desmantelamento, o titular deberá comunicar o cesamento da actividade, informando da data prevista para o peche.

– A citada comunicación deberá vir acompañada dunha memoria en que se especifiquen as actuacións que o titular vai levar a cabo en relación co cesamento da actividade e para evitar calquera risco de contaminación. Concretamente, en relación coa protección do solo e das augas subterráneas, aplicarase o disposto no artigo 22.bis da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, tendo en conta se a instalación dispón de informe base ou non.

– Esta memoria será obxecto de avaliación por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e precisará un informe favorable para a súa execución.

– De concluírse que existe un risco para a saúde humana ou o ambiente, tomaranse as medidas necesarias destinadas a retirar, controlar, conter ou reducir as substancias perigosas relevantes para que, tendo en conta o uso actual ou futuro do lugar, non se cree o dito risco.

10. Condicións adicionais.

– A instalación debe contar cun responsable do control do cumprimento do plan de vixilancia incluído nesta autorización e cun responsable técnico da instalación de depuración. No prazo dun mes o representante legal da instalación designará a/s persoa/s responsable/s.

– Os valores límite de emisión recollidos na presente autorización son de aplicación en condicións normais de funcionamento (Directiva 2010/75/UE, do 24 de novembro, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación).

– A Administración poderá efectuar, cando o coide oportuno, análises de comprobación do funcionamento das instalacións para comprobar que se cumpren as condicións expostas na autorización.

– Proponse manter unha análise continuada da implantación de mellores técnicas dispoñibles (MTD), tanto das aplicables ao sector en cuestión como das aplicables aos procesos auxiliares. Así, calquera modificación na instalación realizarase tras a valoración das MTD aplicables nese momento.

– Salvo indicación expresa noutro sentido ou que se acredite a súa imposibilidade, as tomas de mostras e as análises serán efectuadas por organismo de control acreditado ou entidade homologada, seguindo a metodoloxía establecida en normas EN, UNE-EN, UNE e, en ausencia destas, noutras normas internacionais ou nacionais que garantan a obtención de datos de calidade científica equivalentes.

– Independentemente das obrigas que estableza a autorización ambiental integrada, o operador ten a obriga de cumprir as premisas establecidas na Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental, e no Real decreto 2090/2008, do 22 de decembro, polo que se aproba o regulamento que desenvolve parcialmente a dita lei, que establecen un novo réxime xurídico de prevención e reparación de danos, de acordo co cal os operadores que ocasionen danos ao ambiente ou ameacen con ocasionalos deben adoptar as medidas necesarias para prever a súa ocorrencia ou, no caso de que o dano xa se producise, para devolver os recursos naturais afectados ao estado en que se encontraban antes do dano. Ademais, deberán constituír unha garantía financeira que lles permita afrontar as responsabilidades ambientais, en materia de prevención, evitación e reparación de danos, derivadas da súa aplicación.