Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO de ampliación do prazo de información pública no procedemento de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da corporación municipal do Concello de Mondoñedo, na sesión extraordinaria do 30 de decembro de 2013, acordou, en exercicio do disposto no artículo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (LRXAP-PAC), ampliar polo período de quince días hábiles o prazo do trámite de información pública do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Mondoñedo, contados a partir do día seguinte ao da última publicación en que apareza este anuncio (Diario Oficial de Galicia e xornais El Progreso e La Voz de Galicia).

O que se fai público en cumprimento do artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e 49 e 60 da LRXAP-PAC, coa indicación de que o acordo de ampliación non é susceptible de recurso.

Mondoñedo, 2 de xaneiro de 2014

M. Orlando González Cruz
Alcalde