Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 941

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para almacén e venda de produtos fitosanitarios.

Sapega Servicios, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de almacén e venda produtos fitosanitarios, no lugar de Sequeiros, parroquia de Cristiñade, neste municipio de Ponteareas. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na seecretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ponteareas, 26 de novembro de 2013

Salvador González Solla
Alcalde