Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013 referente á convocatoria para prover varias prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 231, do luns 2 de decembro, e no número 241, do martes 17 de decembro de 2013, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes integradas na oferta de emprego público do Concello de Pontevedra do ano 2010.

O concelleiro responsable da Área de Réxime Interior e Persoal, mediante Resolución do 9 de outubro de 2013, convocou os procesos selectivos para a cobertura das prazas que a seguir se sinalan:

– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo: C2. Clasificación: escala de administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 3. Denominación: auxiliar.

– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo: C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial electricista.

– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo: C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial xardineiro.

– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo: C2. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 4. Denominación: oficial de obras.

– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: agrupación profesional. Clasificación: escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: operario.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e publicaranse os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 18 de decembro de 2013

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde