Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 944

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de mellora do núcleo rural de Mamoela.

Por Acordo do Pleno do 7 de novembro de 2013, en sesión ordinaria, aprobouse definitivamente o Plan especial de mellora do núcleo rural de Mamoela, que afecta os terreos que integran tal núcleo, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Primeiro. Estimar as alegacións presentadas polo Concello de Ribadumia, en relación co expediente do Plan especial de mellora do núcleo rural de Mamoela, polos motivos expresados no informe do técnico municipal e, en consecuencia, introducir no proxecto as modificacións indicadas no devandito informe.

Segundo. Aprobar definitivamente o Plan especial de mellora do núcleo rural de Mamoela, coas modificacións resultantes das alegacións formuladas e dos informes emitidos.

Terceiro. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do Plan especial no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, todo iso en virtude do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Cuarto. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, achegando unha copia autenticada de dous exemplares do Plan aprobado definitivamente, con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os cales recaese acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente a dereito.

Ribadumia, 11 de decembro de 2013

Mª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa