Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 939

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervantes

ANUNCIO polo que se somete a información pública o proxecto de reforma dunha corte de gando vacún.

Arturo Vecín González solicita licenza de actividade para o proxecto de legalización da actividade de reforma dunha corte de gando vacún de carne, fosa de xurro e nave para almacén na Pintinidoira nº 4, parroquia de Vilaspasantes.

Cumprindo o disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de 20 días, co fin que durante este –que comezará a contar a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións e observacións que consideren oportunas.

Cervantes, 10 de decembro de 2013

Benigno Gómez Tadín
Alcalde