Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Brión

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de concesión de licenza para depósito de gas propano.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente que se tramita a instancia de Gonzalo García Viador, que di actuar en representación de Repsol Butano, S.A., para a concesión de licenza de actividade para instalar un depósito de gas propano de 4.000 litros e dar subministración de gas a cinco vivendas no lugar de Gronzo, Brión.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e dilucidar, se é o caso, as alegacións ou observacións que considere convenientes.

Brión, 28 de outubro de 2013

José Luís García García
Alcalde