Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

ENCOMENDA de xestión do 9 de decembro de 2013 pola que se lle encarga á empresa Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) a execución das instalacións de proceso e das liñas auxiliares da nova aula de produtos lácteos no campus de Lugo.

Juan José Casares Long, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), actuando en nome e representación da USC, en virtude das facultades legais que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei 4/2007, do 12 de abril, e os estatutos da USC, aprobados polo Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro,

EXPÓN:

Primeiro. O Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), establece no seu artigo 3.1.c) que, para os efectos da citada lei, as universidades públicas forman parte do sector público e, no seu artigo 3.2.c), que as universidades públicas teñen a consideración de administracións públicas e, polo tanto, son poderes adxudicadores.

Segundo. O réxime xurídico de Tragsa e as súas filiais está regulado pola disposición adicional vixésimo quinta (D.A. 25ª) do TRLCSP e polo Real decreto 371/1999, do 5 de marzo, polo que se regula o réxime da empresa de Transformación Agraria, Sociedade Anónima.

De acordo co punto segundo da citada D.A. 25ª, Tragsa e as súas filiais teñen a consideración de medios instrumentais e servizos técnicos da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas e dos poderes adxudicadores dependentes delas.

Terceiro. O artigo 24.6 do TRLCSP prevé que as relacións entre Tragsa e os poderes adxudicadores dos cales é medio propio instrumental se regulen mediante as encomendas de xestión previstas no dito artigo.

Cuarto. Conforme o anteriormente exposto, a USC acorda encargarlle a Tragsa a execución das instalacións de proceso e das liñas auxiliares da nova aula de produtos lácteos no campus de Lugo, de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. Obxecto da encomenda

O obxecto da presente encomenda de xestión é a execución das instalacións de proceso e das liñas auxiliares da nova aula de produtos lácteos no campus de Lugo, de acordo co proxecto redactado por Tragsatec, calculado conforme as tarifas oficiais vixentes de Tragsa e que acada a cantidade dun millón cincocentos oitenta e sete mil cincocentos oitenta euros con cincuenta e seis céntimos (1.587.580,56 €), IVE non incluído.

Esta encomenda realízase por razóns de eficacia e por carecer a USC dos medios técnicos apropiados para levalas a cabo por si mesma.

Segunda. Actuacións que se deben desenvolver

Os traballos deberán realizarse na forma definida no proxecto das ditas instalacións, redactado por Tragsatec, e seguindo as ordes e instrucións da dirección facultativa da obra.

Terceira. Partida orzamentaria e distribución por anualidades

O importe desta encomenda satisfarase con cargo á partida orzamentaria
8014 3131 62000.

Esta encomenda de xestión está financiada polo Ministerio de Economía e Competitividade, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e cofinanciada con fondos do programa operativo Feder 2007-2013 (referencia UNST07-1E-272).

Cuarta. Aboamento dos traballos

O aboamento dos traballos realizarase mediante certificacións mensuais emitidas polo director das obras e as correspondentes facturas emitidas pola empresa.

Quinta. Inicio das actuacións e duración da encomenda

O prazo de execución será de oito meses, que se contarán desde a data da acta de comprobación de implantación.

Sexta. Natureza da encomenda

Esta encomenda ten a natureza dos contratos e negocios xurídicos excluídos do ámbito de aplicación do TRLCSP, previstos no seu artigo 4.1.n), e rexerase polas súas propias normas, aplicándoselle os principios do TRLCSP para resolver as dúbidas que se puidesen suscitar.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela