Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos da Coruña, Ferrol, Culleredo, Coirós, Cabanas e Santa Comba.

Ás 11.30 horas do día 5 de febreiro de 2014 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, situado na praza de Pontevedra, 22, A Coruña, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda e terceira poxas públicas dos seguintes lotes de bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 20 de novembro de 2012, 4 de xullo de 2013 e 13 de novembro de 2013:

• Lote 1.

1. Piso primeiro dereita, do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña. A superficie útil é de 117,50 m2 e linda: fronte, espazo sobre a rúa Federico Tapia; dereita entrando, o piso primeiro dereita da mesma planta, e en parte, a caixa de escaleiras da casa; esquerda, casa de Juan Castro Mosquera; e costas, espazo sobre o patio posterior do edificio. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 151, predio 58.596. Referencia catastral: 8213002NJ4081S0004XG.

2. Piso primeiro esquerda do inmoble sinalado co nº 56 da rúa Federico Tapia da Coruña. A superficie útil é de 115 m2 e linda: fronte, espazo sobre a rúa Federico Tapia; dereita entrando, edificio do Instituto Nacional de Previsión; esquerda, o piso primeiro dereita da mesma planta e, en parte, a caixa do ascensor da casa; costas, espazo sobre o patio posterior do edificio. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 157, predio 58.598. Referencia catastral: 8213002NJ4081S0005MH.

3. Praza de garaxe nº 6 do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,8 m2, e linda: fronte o predio horizontal nº 1; dereita, entrada praza de garaxe nº 5; esquerda praza de garaxe nº 7; e costas, herdeiros de Manuel García. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 163, predio 63.222.

4. Praza de garaxe nº 7, do inmoble situado no nº 56 da rúa Federico Tapia (nº 22 segundo rexistro), constituído por un sector do soto destinado a garaxe, dunha superficie de 9,1 m2, que linda: fronte, o predio horizontal número un; dereita entrando, a praza de garaxe nº 6; esquerda, praza de garaxe nº 8; e costas, dos herdeiros de Manuel García. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 2.373, libro 2.373, folio 168, predio 63.224.

5. 18,18% do predio horizontal número un, que está formado por un sector da planta do soto da mesma casa nº 56, cun pequeno aseo, e pola rampla de acceso ao dito soto. Ten unha superficie de 116,62 m2 e linda: fronte, na entrada da rampla, coa rúa Federico Tapia e o resto coas prazas de garaxe nº 1, 2, 10 e 11 e o cuarto trasteiro, o departamento en que está colocado o depósito de combustible e unha parte coa parede que separa do subsolo da rúa Federico Tapia; costas, sala de instalacións e as prazas de garaxe nº 4, 5, 6, 7 e 8; dereita, entrando, a praza de garaxe nº 3, esquerda, casa de Juan Castro Mosquera. Linda, ademais, interiormente, coa praza de garaxe nº 9. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña no tomo 1.857, libro 1.857, folio 8, predio 63.210.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 465.399,90 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 395.589,92 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 325.779,93 euros.

• Lote 2.

– Local de 62,73 m2 de superficie construída e 54,43 m2 útiles, situado na avenida de Fisterra, nº 227-229 da Coruña, que conta con acceso independente pola avenida de Fisterra da cidade da Coruña. Linda: fronte ou norte, avenida de Fisterra; dereita entrando ou oeste, edificio de vivendas, portal nº 231 da avenida de Fisterra; esquerda ou leste, local nº 2 desta división; fondo ou sur, local nº 1 desta división. Cota de participación: 1,31 %. Referencia catastral: 7210303NJ4071S0002DO. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña como predio nº 98.755, tomo 1.878, libro 1.878 e folio 128.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 62.302,63 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 52.957,24 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 43.611,84 euros.

• Lote 3.

– Casa sinalada co nº 28 da rúa Dolores da cidade de Ferrol, composta de baixo, primeiro, segundo, terceiro, ático e patio unido, de 578 m2 segundo Catastro. Linda á dereita, con casa de Victoria Carballo; á esquerda, con Pilar Carrete; ao fondo con Arsenio Lorenzo Barreiro; e fronte, coa rúa Dolores. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol como predio 3.925, tomo 661, libro 128, folio 11. Segundo consta no Rexistro da Propiedade, conta cunha superficie construída de ocupación de 132,75 m2. Referencia catastral: 1949503NJ6115S0001DS.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 268.625,90 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 228.332,02 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 188.038,13 euros.

• Lote 4.

– Parcela nº 599, situada no lugar de Cortiñas, parroquia de Santa María de Ois, concello de Coirós (A Coruña), cunha superficie aproximada de 185 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, Elvira Fraga Rivera (598) e Ángela Pato Sánchez (600); sur, camiño; leste, Ángela Pato Sánchez (600); e oeste, Elvira Fraga Rivera (598). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos como predio nº 6.950, tomo 1.414, libro 81 e folio 193. Referencia catastral: 1470604NH7817S0001AJ.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 2.771,55 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 2.355,82 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 1.940,09 euros.

• Lote 5.

– Parcela Barrosa, situada no lugar de Fontao, concello de Cabanas (A Coruña), cunha superficie aproximada de 383,5 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, camiño ao lugar da Torre; sur, estrada das Pontes de García Rodríguez; leste, Emilio López Arnoso; e oeste, Emilio López Arnoso. Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume como predio nº 5.249, tomo 499, libro 52 e folio 91. Referencia catastral: 7882407NJ6078S0001YD.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 21.454,52 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 18.236,34 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 15.018,16 euros.

• Lote 6.

– Parcela nº 797, de 3.220 m2, situada no lugar da Xesteira. Adxudicada na acta de reorganización de propiedade, resultante da concentración parcelaria da zona de Fontecada (Santa Comba). Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.249, tomo 799, libro 167 e folio 23. Referencia catastral: 15078A510007970000PR.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 6.632,36 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 5.637,51 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 4.642,65 euros.

• Lote 7.

- Parcela C, situada en Santo Estevo de Culleredo (Culleredo), cunha superficie aproximada de 807,49 m2, que segundo o Rexistro da Propiedade linda: norte, parcela B anterior; sur, parcela D seguinte; leste, rúa da Constitución; e oeste, Juan de la Cruz López. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña nº 3 como predio nº 33.856, tomo 3.127, libro 437 e folio 12. Referencia catastral: 9530728NH4993S0001KL.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 17.089,20 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 14.525,82 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 11.962,44 euros.

• Lote 8.

- Parcela C, situada en Santo Estevo de Culleredo (Culleredo), cunha superficie aproximada de 809,12 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte parcela C anterior; sur e leste, rúa Constitución; e oeste, Benito Catoira Garaboa. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña nº 3 como predio nº 33.857, tomo 3.127, libro 437 e folio 15. Referencia catastral: 9530729NH4993S0001RL.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 17.110,35 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 14.543,80 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 11.977,25 euros.

• Lote 9.

– Parcela urbana, pertencente á unidade de actuación urbanística UA-24, dunha superficie de 756 m2 segundo o Rexistro da Propiedade e 919 m2 segundo Catastro, situada ao oeste da súa matriz, na rúa Alcalde Domingo Sierra do concello de Culleredo, que linda: norte, comunidade de propietarios, edificio nº 19 da rúa Alcalde Domingo Sierra; sur, comunidade de propietarios, edificio nº 11 (n2-17) da rúa Domingo Sierra; leste, rúa Alcalde Domingo Sierra, da súa situación; oeste, comunidade de propietarios, edificio nº 94 da avenida de Vilaboa. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Culleredo como predio nº 42.546, libro 681, folio 22, inscrición primeira. Referencia catastral: 0563986NH5906S0001ZM.

Tipo de licitación primeira poxa pública: 605.880 euros.

Tipo de licitación segunda poxa pública: 514.998 euros.

Tipo de licitación terceira poxa pública: 424.116 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaria Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios (rateados segundo os tipos dos lotes), así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está ao dispor dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

(http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Poderanse visitar os inmobles situados na rúa Federico Tapia, 56, e na avenida de Fisterra, 227-229 da Coruña e o inmoble situado na rúa Dolores, 28, Ferrol, para o cal se deberá concertar cita previa.

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda