Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública dun ben inmoble situado na rúa dos Concheiros número 7-A, 1º B de Santiago de Compostela.

Ás 11.30 horas do día 19 de febreiro de 2014 terá lugar na aula situada no baixo do edificio administrativo na rúa Pastoriza nº 8 de Santiago de Compostela, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, que actuará como secretario, a primeira, segunda e terceira poxa pública do lote que a seguir se describe, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 de novembro de 2013:

– Predio urbano. Vivenda letra B da primeira planta, xunto co rocho nº 16, pertencente á casa sinalada co número 7-A da rúa dos Concheiros da cidade de Santiago de Compostela.

Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela co número 32465, folio 028, libro 360, tomo 1.374. Referencia catastral 8181422NH3488A0004HP.

Tipo de licitación da primeira poxa: 138.957,75 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 118.114,09 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 97.270,43 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda.

Serán por conta do adxudicatario os custos do anuncio, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está ao dispor dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza nº 8-2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

(http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Poderase visitar o inmoble, para o cal se deberá concertar cita previa.

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda