Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública dun ben inmoble situado na rúa do Freixo, 12, 1º A, Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).

Ás 11.30 horas do día 12 de febreiro de 2014 terá lugar na sala de conferencias do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, situado na rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda e terceira poxas públicas do lote que a continuación se describe, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda do 8 de novembro de 2013:

– Predio urbano, destinado a vivenda, sinalada coa letra A, sita na planta primeira do bloque I (nº 12), con entrada no portal A, de 85,20 m2 de superficie construída, dividida en vestíbulo, distribuidor, cociña, estar-comedor, tres dormitorios, dos baños (hoxe un só baño) e terraza. Tomando como referencia a fachada principal do edificio, linda: ao fronte, saínte do soar do edificio e caixa de escaleiras; dereita, caixa de escaleiras e vivenda B do portal A; esquerda, saínte do soar do edificio; e fondo, saínte do soar do edificio e relanzo.

A vivenda anexa unha praza de aparcadoiro descuberta nº 23, situada no terreo da edificación.

Referencia catastral: 7451053NH1175S0005AL.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa co número 33.342, folio 171, libro 398, tomo 1.005.

Tipo de licitación primeira poxa: 81.164,53 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 68.989,85 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 56.815,17 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta do adxudicatario os custos do anuncio, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está ao dispor dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda:

(http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Poderase visitar o inmoble, para o que se deberá concertar cita previa.

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda