Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 751

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública relativo a unha estación de servizo en Betote.

Álvaro Díaz, S.L.U. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para instalación de área de servizo-fase I (gasolineira, urbanización e edificio de planta soto, planta baixa e 1 planta alta para café-bar restaurante), en Betote-polígono 18, parcela 529, deste concello, e en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante ese prazo poida examinarse o expediente, na secretaría deste concello, e se poidan formular as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 5 de decembro de 2013

José Antonio García López
Alcalde