Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 752

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal para apertura de actividade de venda de produtos de agricultura e gandaría.

Solicitada desta alcaldía por Severiano Agrocomercial, S.L., con CIF B15790298, licenza municipal para a apertura dunha actividade para venda de produtos de agricultura e gandaría, que se vai situar na rúa Campo da Ponte, nº 110-124 (Vilalba-Lugo); cumprindo o disposto no artigo 8, número 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que considere oportunas.

Vilalba, 9 de decembro de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde