Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación, polo sistema de taxación conxunta, dos bens e dereitos incluídos no AR As Burgas, AI 10 do PEP do BIC, coa categoría de sitio histórico do Conxunto das Fontes Termais das Burgas e o seu contorno delimitado, ámbito 30 da OUP (expediente de xestión urbanística 715/13).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 12 de decembro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

22. Rectificar de oficio o acordo núm. 16 adoptado en sesión do 5 de decembro de 2013, que debe quedar redactado como segue:

1º. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación polo sistema de taxación conxunta dos bens e dereitos incluídos no AR As Burgas, AI 10 do PEP do BIC coa categoría de sitio histórico do Conxunto das Fontes Termais das Burgas e o seu contorno delimitado, ámbito 30 da OUP redactado por Fernández Carballada y Asociados, S.L. e autorizar o gasto de 1.050.000 euros con cargo á partida orzamentaria 130.4321.0918 referidos ás seguintes parcelas e titulares:

Parcela 1.

Titular: Xardín das Burgas, S.A.

Superficie que se expropiará: 2.770.

Prezo xusto: 372.355,69.

Nº de predio rexistral: 69.099.

Cargas: hipoteca.

Titular da carga: Banco Popular Español, S.A.

Parcela 2.

Titular: Xardín das Burgas, S.A.

Superficie que se expropiará: 100.

Prezo xusto: 13.442,43.

Nº de predio rexistral: 69.100.

Cargas: hipoteca.

Titular da carga: Banco Popular Español, S.A.

Parcela 3.

Titular: herdeiros de Camilo Conde García, Rocío Ojea Álvarez, Antonio Peña Rodríguez e herdeiros de Asunción García Castro.

Superficie que se expropiará: 75.

Prezo xusto: 10.081,50.

Nº de predio rexistral: 36.735.

Parcela 4.

Titular: herdeiros de Manuel Nemesio Pereira Méndez, María Luisa Marimón Nieves, Luis Soto Rebollo e Prudencia María José Tabarés Lezcano.

Superficie que se expropiará: 161.

Prezo xusto: 21.642,43.

Nº de predio rexistral: 863.

Parcela 5.

Titular: Roberto Francisco Trapote Blanco.

Superficie que se expropiará: 72.

Prezo xusto: 9.678,14.

Nº de predio rexistral: 64.539.

Parcela 6.

Titular: Roberto Francisco Trapote Blanco e María Teresa Sanmartín García.

Superficie que se expropiará: 430.

Prezo xusto: 57.802,06.

Nº de predio rexistral: 64.538.

Parcela 7.

Titular: Roberto Francisco Trapote Blanco e María Teresa Sanmartín García.

Superficie que se expropiará: 12.

Prezo xusto: 1.613,45.

Nº de predio rexistral: 76.923.

Parcela 8.

Titular: Emilio, José e Manuel Santamaría Airas.

Superficie que se expropiará: 860.

Nº de predio rexistral: 3316.

Parcela 9.

Titular: Emilio, José e Manuel Santamaría Airas.

Superficie que se expropiará: 682.

Nº de predio rexistral: non inscrito, ref. catastral parte de 3577405NG9837N.

Prezo xusto parcelas 8 e 9: 512.959,42.

2º. Someter o expediente a información pública na forma prevista no artigo 143 da Lei de Galicia 9/2002, mediante publicación dos bens e dereitos que se expropian incluída no proxecto nun dos diarios de maior circulación da provincia, no DOG e no taboleiro de edictos municipal, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes.

3º. Notifíquese individualmente aos titulares de bens e dereitos mediante traslado literal da folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado desde a notificación do presente acordo.

4º. Solicitar do Rexistro da Propiedade a práctica da nota de inicio de acordo co artigo 22 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo.

Ourense, 12 de decembro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente