Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 675

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (307/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 307/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Bretal Pérez contra a empresa Servanza, S.L., sobre ordinario, foi ditada a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de María del Carmen Bretal Pérez, asistida pola letrada Sra. García Laborda, contra a entidade Servanza, S.L. e o Fogasa, que non comparecen a pesar de estaren debidamente citadas, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes na data da presente resolución, condenando a empresa demandada a estar e pasar pola anterior declaración e a aboar á demandante unha indemnización que se cuantifica en 8.378,59 euros.

E, así mesmo, condeno a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 3.017,95 euros, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013

A secretaria xudicial