Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 676

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (989/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento por despedimento número 989/2012 se ditou sentenza número 302, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 989/2012 e acumulado 533/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, resolución contractual e reclamación de cantidade, por instancia de Ventura Millet Ayaso, asistida polo letrado Luis Méndez Torres contra Servanza, S.L., que non comparece, Fogasa, que comparece asistido e representado pola letrada Eva Abajo Lera, pronunciou a seguinte sentenza.

Decido que debo desestimar e desestimo a acción de despedimento e de resolución contractual exercida por Ventura Millet Ayaso contra Servanza, S.L. Estimo parcialmente a reclamación de cantidade e condeno a Servanza, S.L. a aboarlle á demandante 2.264,79 euros en concepto de salarios. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Servanza, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013

A secretaria xudicial