Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 647

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 23 de decembro de 2013 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a concurso público unha praza de persoal docente e investigador contratado para o curso académico 2013/14.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril); na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004; do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia e modificados polo Decreto 194/2007; do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 28 de maio de 2004, e modificada nas sesións do 9 de marzo e 28 de xuño de 2007; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo subscrito o 26 de xaneiro de 2011 (DOG do 14 de abril), e no establecido nas bases da convocatoria, esta reitoría resolve anunciar a publicación da convocatoria de concurso público para a contratación de persoal docente e investigador para o curso académico 2013/14 na seguinte categoría:

– Procedemento ordinario:

• Profesor axudante doutor: 1 praza.

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (rúa da Maestranza, nº 9) e dos rexistros auxiliares de Elviña (Casa da Galería) ou de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n), así como na páxina web da universidade:

http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/index.html

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de decembro de 2013

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña