Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 644

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo vacantes de xefes de sección do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), convocado pola Resolución do 28 de xuño de 2013.

Visto o expediente instruído para a provisión mediante concurso específico de méritos de postos de traballo vacantes de xefes de sección do Instituto de Medicina Legal de Galicia, convocado pola Resolución do 28 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado do 12 de xullo), e de conformidade con disposto no título VIII da Lei 19/2003, do 23 de decembro, de modificación da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e mais no capítulo II do título III e disposición derrogatoria única do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Nomear, para os destinos que se indican, os médicos forenses que se relacionan no anexo I, por reuniren as condicións establecidas na resolución da convocatoria do concurso.

Segundo. O cesamento deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no Diario Oficial de Galicia, cando esta non sexa simultánea coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro. A toma de posesión do novo destino obtido por concurso producirase nos tres días naturais seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos oito días naturais seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos vinte días naturais seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, excepción feita da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma das Illes Balears, da Cidade de Ceuta e da Cidade de Melilla, en que será dun mes.

Se for o caso, o cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, incluídos os das vacacións, de que estean gozando os interesados.

Cuarto. Para a formalización dos documentos de cesamento e/ou toma de posesión, os funcionarios deberán presentarse nas sedes das xefaturas territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nos seguintes enderezos, segundo a provincia onde estea radicado o posto de traballo en que cesen ou en que obtiveron a praza adxudicada:

– Xefatura Territorial da Coruña:

Servizo de Xustiza

Praza de Luís Seoane, s/n.

Edificio Administrativo Monelos.

15008 A Coruña.

– Delegación Territorial de Vigo:

Servizo de Xustiza.

Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar.

36201 Vigo (Pontevedra).

– Xefatura Territorial de Lugo:

Servizo de Xustiza.

Rolda da Muralla, nº 70.

27071 Lugo.

– Xefatura Territorial de Ourense:

Servizo de Xustiza.

Paseo da Habana, 79.

32004 Ourense.

Quinto. No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas as formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, e a data de formalización do cesamento será a que corresponda de acordo coa resolución de adxudicación.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses, de acordo co artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os dous prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Denominación do posto

Localidade

Apelidos e nome

1

Xefe/a de sección de Clínica Médico-Forense

A Coruña

Rodríguez Martínez, María Berta

2

Xefe/a de sección de Patoloxía Forense

Lugo

Cascallana Álvarez, José Luis

3

Xefe/a de sección de Patoloxía Forense

Pontevedra

Romero Tirado, María de los Ángeles