Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos tres inicios de procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao programa de fomento da contratación inicial de mozos e mozas desempregados/as, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR347D 2009/27-2, TR347D 2009/99-2 e TR347D 2009/118-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 4 de decembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2009/27-2.

Nome: Juan Carlos Quiroga Rey.

DNI/NIF: 33331741-A.

Último enderezo coñecido: rúa Río Sil, 43-3º E, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores e traballadoras contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, punto 1 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347D 2009/99-2.

Nome: Kanoura, Fish, S.L.

DNI/NIF: B-27342492.

Último enderezo coñecido: pto. Celeiro-peirao sur, 17, 27863 Viveiro (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores e traballadoras contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, punto 1 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347D 2009/118-2.

Nome: Locutorio Viana, C.B.

DNI/NIF: E-27395151.

Último enderezo coñecido: praza Viana do Castelo, 6, planta B, 27003 Lugo.