Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, reguladas na Orde do 26 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia do 3 de marzo), relativo ao expediente TR347F 2009/3-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 5 de decembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347F 2009/3-2.

Nome: Marlen Francisca González Sánchez.

DNI/NIF: 34281322-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Conde, 31, 3º D, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro desta orde, por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16, punto 5 da Orde do 26 de febreiro de 2009.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.