Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de novembro de 2013, da Zona Centro de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a tramitación da modificación substancial da concesión administrativa outorgada ao Club Marítimo Carrumeiro (expediente 12-33-00-C-1).

Estase a tramitar unha modificación substancial da concesión administrativa outorgada ao Club Marítimo Carrumeiro con destino á construción do local almacén e instalación de bar nunha dependencia do local en cuestión, para ampliación de ocupación de superficie de dominio público portuario e uso de depósito de embarcacións no porto de Corcubión, segundo o proxecto básico para a tramitación da ampliación da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario do Club Náutico de Corcubión, con reordenación de usos (zona social, almacén, varada de embarcacións e escola de vela), redactado no mes de xuño de 2013 pola arquitecta Carmen Vázquez Rodríguez (colexiada nº 2130).

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 14 de novembro de 2013

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia