Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de decembro de 2013 pola que se notifica a incoación do expediente sancionador por infracción urbanística IU2/153/2010-SA1, devolto polo servizo de Correos por resultar a interesada ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 28 de novembro de 2013, incoar expediente sancionador por infracción urbanística polas obras de construción dunha vivenda unifamiliar illada e unha edificación auxiliar no lugar do Monte, na parroquia de Deiro, no termo municipal de Vilanova de Arousa, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da incoación a Carmen Morgade Paz, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita incoación.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística