O presidente, actuando en nome e representación da entidade pública Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3.a) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, acorda dar publicidade á Resolución do 9 de decembro, relativa ao cambio de financiamento respecto do expediente de contratación Redacción do proxecto e execución das obras da nova lonxa no porto de Ribeira (A Coruña), con clave CO-12-48-10-01, aprobado no ano 2010 e que actualmente se encontra en execución, que pasa a ser cofinanciado nun 75 % do seu importe polo Fondo Europeo da Pesca (FEP), no marco do programa operativo FEP Galicia 2007-2013, medida 3.3 Portos de pesca, lugares de desembarque e fondeadoiros.
Esta publicación realízase para efectos de dar cumprimento ás prescricións establecidas no Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao FEP, e o Regulamento (CE) nº 498/2007 da Comisión polo que se establecen as disposicións de aplicación deste.
En consecuencia, o adxudicatario da referida contratación quedará suxeito ao cumprimento das obrigas de información e publicidade comunitaria establecida na citada normativa.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia