Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 335

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 16 de decembro de 2013 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución que recolle o artigo 8 da dita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución dun dos seus membros titulares e un dos suplentes, da súa representación no Consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Jesús José Núñez Calvo en substitución de Guadalupe Hervera Iglesias.

Artigo 2

Nomear membro suplente do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a Guadalupe Hervera Iglesias en substitución de Sonia Pardo Díaz.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar