Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CC.TT. parque empresarial de Cee. Modificado I.
Situación: concello de Cee.
Características técnicas:
Reforzo POT806-Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, de 0,838 km de lonxitude, en condutor RHZ1 de 240 mm2 Al, con orixe nunha arqueta existente sobre a LMTS POT806 na avda. Fernando Blanco (expediente IN407A 30/2008) e remate no Pa/s proxectado na celosía tipo C-4500 existente.
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, de 0,07 km de lonxitude, en condutor RHZ1 de 240 mm2 Al, con orixe na LMTS POT806 ao CT Duei e remate na cela telecontrolada que se vai instalar no CT nº 2 do parque empresarial de Cee proxectado.
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, de 0,07 km de lonxitude, en condutor RHZ1 de 240 mm2 Al, coa orixe na LMTS POT806 ao CT Tintibén e remate na cela telecontrolada que se vai instalar no CT nº 2 do parque empresarial de Cee proxectado.
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, de 1,293 km de lonxitude, en condutor RHZ1 de 240 mm2 Al, entre os CC.TT. nº 1, 2, 3 e 4 do parque empresarial de Cee, coa orixe e remate no CT nº 2 unha vez entre e saía nos CT nº 1, 3 e 4.
4 centros de transformación prefabricados, denominados CT nº 1, 2, 3 e 4 do parque empresarial de Cee, cunha potencia instalada de 630 kVA, e relación de transformación de 20.000/400-230 V, e as súas celas de MT.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 10 de decembro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña