Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2013/28-2, 8112 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS para subministración eléctrica na rúa Monforte, 2-4, esq., rolda da Muralla 74-75 e 76-77.

Situación: concello de Lugo,

Características técnicas:

– Desprazamento dun tramo de LMT soterrada con orixe no CT proxectado e final no CTC (00602) Monforte de Lemos, cunha lonxitude de 29 metros.

– Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con orixe na ST C. Conde e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 100 metros en condutor tipo RHZ-240.

– CT en edificio non prefabricado, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 400 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instalan dúas celdas de liña e unha de protección.

– RBT soterradas e tensión trifásica de 400 V e monofásica de 230 V, con orixe nos cadros de baixa tensión do CT proxectado e final nas CXP do edificio a electrificar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustaran en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 9 de decembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo