Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 304

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterrei

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, do contrato de xestión e mantemento das instalacións eléctricas municipais e iluminación pública.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Monterrei, na sesión que tivo lugar o día 11 de decembro de 2013, aprobou o prego de condicións administrativas e de condicións técnicas para o contrato de xestión e mantemento das instalacións eléctricas municipais e iluminación pública, por procedemento aberto, concurso, coas seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Monterrei.

Teléfono: 988 41 80 02. Fax: 988 42 57 00.

2. Obxecto do contrato.

Contrato de xestión e mantemento das instalacións eléctricas municipais e iluminación pública.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Fíxase o tipo de licitación máximo en 154.664,43 € por ano (IVE incluído). O importe máximo polos catros anos de contrato é de 618.657,72 €.

5. Obtención da documentación e información.

Concello de Monterrei, r/ Fontiñas, núm. 2, CP 32618.

Teléfono: 988 41 80 02. Fax: 988 42 57 00.

6. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: 30 días naturais a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día é sábado ou inhábil, rematará o primeiro día hábil posterior.

Documentación que integrará as ofertas: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Monterrei.

7. Apertura das ofertas.

O acto de apertura das ofertas terá lugar o día seguinte hábil ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, ás 10.00 horas.

8. Criterios de adxudicación.

Os que figuran no anexo I do prego de condicións.

Monterrei, 11 de decembro de 2013

José Luis Suárez Conde
Alcalde