Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 306

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de licitación para piscina municipal e anexos.

En sesión plenaria do 28.11.2013 licitouse a concesión que quedou sen efectos por acordo plenario do 26.12.2013.

Por acordo plenario adoptado en sesión do 26.12.2013, aprobouse a apertura da nova licitación que deseguido se recolle:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Rianxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: xestión do servizo público de piscina climatizada e instalacións anexas.

3. Prazo de execución: 7 anos prorrogable por 3 anos.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso con multiplicidade de criterios de valoración:

– Criterios técnicos: proxecto deportivo e de xestión.

Plano de RR.HH.

Plano de mantemento e limpeza.

Xestión da calidade.

Plano de vixilancia.

– Criterios automáticos: melloras nas instalacións.

Redución do canon inicial.

Seguro de responsabilidade civil.

5. Orzamento de licitación: 86.953,22 € canon anual.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Garantía definitiva: 5 % sobre a proposta económica do adxudicatario.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: segundo o establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Lugar de presentación: Rexistro do Concello.

b) Data límite de presentación de ofertas: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

c) Presentarase a documentación segundo o establecido na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 1.500 €.

11. Outra información. Teléfono: 981 86 00 75. Fax: 981 86 66 28.

12. Perfil do contratante: http://www.concelloderianxo.es/perfildocontratante

Rianxo, 27 de decembro de 2013

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde