Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 308

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de exposición pública (expediente AP-14/2012).

Exposición pública do expediente AP-14/2012.

Tramítase no Departamento de Urbanismo do Concello de Teo.

Actividade: construción de dez panteóns no cemiterio parroquial de Recesende.

Situación: Recesende.

Solicitante: José Barreiro Blanco, Asociación de Veciños O Castro.

En cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente á exposición pública durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG e no BOP.

Teo, 5 de decembro de 2013

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde