Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 302

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de licitación da concesión para a xestión, explotación e mantemento do ximnasio e da piscina municipal cuberta.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Melide.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expediente: 17/13.

d) CPV 2008: 92610000-0 Servizos de explotación de instalacións deportivas.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión, explotación e mantemento do ximnasio e da piscina municipal cuberta de Melide.

b) Lugar de execución: concello de Melide.

c) Prazo de execución: 8 anos.

d) Prórroga: non existe posibilidade de prórroga.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, oferta económica máis vantaxosa con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento de adxudicación: 2.258.770,16 € que corresponde ao importe total de custo da concesión administrativa do servizo público durante os 8 anos de duración.

Subvención máxima: 73.043,16 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Melide.

Enderezo: Praza do Convento nº 5, 15800, Melide, A Coruña.

Teléfono: 981 50 50 03. Fax: 981 50 62 03.

Perfil do contratante: www.concellodemelide.org, www.contratosdegalicia.es

Correo electrónico: contratacion@melide.dicoruna.es

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, que contarán desde a publicación do último anuncio de licitación deste contrato, xa sexa no BOP, DOG ou no perfil do contratante do concello.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: Concello de Melide, Rexistro Xeral. Praza do Convento nº 5, 15800, Melide, A Coruña.

9. Criterios de adxudicación do contrato: os criterios contidos no prego e coa ponderación que nestes se sinala. Publicados no perfil do contratante: www.concellodemelide.org

10. Apertura das ofertas: segundo establece o prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: cláusula XXI do prego.

Melide, 26 de decembro de 2013

María Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa